20060608
Para os inimigos a lei, para os amigos o favor
Onte dixéronme que o título era un dito da época da restauración. Coido que podería ser un dito de hoxe en día, e mesmo diría telo escoitado non hai moito, aplicado á actualidade. Para mín, que non se aplica só ás persoas, senón mesmo ás cousas. As tres fotos de hoxe manifestan, a primeira, un abandono do que non se libra nin a pintura, que falta lle fai e que diría que hai uns meses se dixo que se lle ía dar. A segunda, un ambiente natural que polo momento cúidase só, e que polo tanto está saudable alomenos en apariencia, sen necesidade de 'pintura'. A terceira, sería a dunha parte de 'pintura de conveniencia', que se está a amañar para facer unha ampliación que levo tempo procurando cómo vai ser en definitiva e non dou chegado a se vai a ter posibilidade de paso de bicicletas ou non, por poñer un exemplo, porque os planos non sei onde ir procuralos. O dito, amistades, interesadas ou non, nalgún caso, e noutros, a pura (e dura) lei... Pois estou no camiño de lei suave, pero para todos.
Relacionado co título está a recalificación que sae á luz en Nigrán de terreos propiedade do presidente do Celta. Sen saber máis, parece que pode ser un caso de aplicación o título abondo claro.
Por outra banda, o tem que saíu onte de que hai xente en Galiza que segue a pagar os foros, parece anterior ó dito de título, pois os foros son anteriores. E o pago en mercadoría ten un puntiño de gracia e nova reivindicativa duns velliños que en parte seguen na idade media e en parte entraron de súpeto no século XXI e a globalización.
De calquera xeito, o dos velliños non deixa ser máis que un pequeno descanso curioso o enterármonos hoxe que Rodrigo Rato, o presi español do Fondo Monetario Internacional, nomeou ó gobernador do Banco de España xefe dun novo departamento do propio FMI. Como era aquel, 'quen ten amigos confésase'? (coa interpretación clara de que non importan os pecados cando os escoita un amigo: a penitencia será pequena)
Ben, apliquei o título ás cousas de Ribadeo e ás persoas de fóra. Queda aplicalo ás persoas de Ribadeo, cousa que fago noutras entradas, pero de seguro a ti se che ocorre a súa aplicación ó rematar de ler esto.
Etiquetas:
arquitectura,
bici,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario