20060609

Ribadeo 2006. Promesas incumpridas ou direitamente mentiras?

Coido que hai que distinguir. Unha promesa fáise e tenta de cumprirse. Unha mentira é algo que se di consciente (quen teña dificultades de comprensión, ten un diccionario en liña (o Galizionario colaborativo, irmán da Galipedia), e máis, como o dicionario da CRTVG ou outros aínda...). Onte, na prensa, no interior dunha nova onde se podería dicir moitas outras cousas, decidín coller algo relativamente pequeno (polo reflexo da nova) para comentar. Detectei o que interpreto como mentira, e velaeiquí por que: na campaña electoral, e algunha volta despois, o PSOE dixo que ía estender a vixiancia nouturna da Policía Local ás 24 horas. Pois no último verán de mandato deste equipo de goberno, haberá esas 24 horas de xoves a domingo, e polo tanto, non as haberá de domingo a xoves. E só no verán. Botando contas, e tendo en conta que antes xa había algo de vixiancia nouturna, o cumprimento da promesa, segundo as miñas contas, sendo xeneroso nos cálculos e supostos, queda no 8,33%, (segundo outros supostos, menos da metade, e eso nun período de aumento da poboación efectiva no pobo, por non falar da presencia de turistas) co que de promesa, nada, senón procura consciente da inxenuidade dos cidadáns sen intención real de cumprimento. Súmeselle ó anterior que envíe para Lugo un informe favorable á ampliación de horario dos establecementos nouturnos en calquera día da semana e veráse que non só está esa porcentaxe de cumprimento, senón que ademáis está deixando o pobo máis desprotexido o resto dos días, o que significa acumulación de xente que non ten nada que facer ó día seguinte dando a lata (e outras cousas) ata máis tarde na noite.
Ontes defendín na radio (Onda Cero A Mariña, tertulia dos xoves ás 13:30) que, o mesmo concellal que fixo o anuncio da 'ampliación de servizo nouturno' para este verán, tivera dereito a unha vida privada separada, en contra de quenes dicían que por ter un cargo público tiña responsabilidades especiais. A miña tese era que se fai algo malo como persoa, é unha persoa máis, o mesmo que se fai algo bó: os gobernantes non son seres a parte, senón persoas coma min e coma ti. Nembargantes, se ten responsabilidades especiais na vida privada por feito de ter un cago público, entonces estaremos nunha mixtura que do mesmo xeito, por relatividade e tendencia a igualar os feitos de persoa en tanto individuo e en tanto cargo público, minimizará que por ser cargo público se beneficie de xeito privado. Coido que a miña tese non foi moi ben entendida, pero é así como penso, e remarqueino cando se falou de que o alcalde estaba tratando de amañar que o denunciante retirara a denuncia: paréceme moito máis grave dende o punto de vista de responsabildiade política, pois eso si é o uso dun cargo público para uso privado. Ou é que se o alcalde ten unha xuntanza co denunciante para a retirada da denuncia sobre un feito privado deste concellal, as contrapartidas váinas ofertar por si (por exemplo, a partir do seu propio patrimonio, para que se entenda) e non en razón do cargo que ocupa (é dicir, ofertando favores en outro sentido no concello)?

1 comentario:

Anónimo dixo...

Parafraseando a Marcuse "O home como realidade pluridimensional". Eu tamén penso que hai que saber separar o ambito publico e privado a fin de contas e un traballo coma calquer outro. Non sei por que en Ribadeo sempre é dificil porque as veces a sociedade non o permite. Lembro que dun bo amigo meu dixeron sempre (ata despois de morto), Era muy buen chico pero se dedicaba a la política. Reivindico o dereito de todos eles (incluso con os que non estou de acordo) a ter a súa vida privada. Hai que saber separar as persoas das institucions. Mira como nos foi durante anos en Galicia por non saber facelo.