20060606

Segunda de hoxe. Ribadeo e unha promesa, en galego

Esquecínme antes e por eso esta segunda entrada de hoxe. Entereime onte (cría que polo blog de Mariano, pero comprobo que non foi así) dunha campaña das ciberirmandades da fala en relación a que a web do concello de Ribadeo non esteña en galego. De paso que aviso a todos os que caedes por aquí, paso a avisar á xente do concello (aínda que é de supoñer que xa o saiban :) ). Por certo, se poñedes nun buscador as verbas "campaña Ribadeo web concello" (por exemplo), podedes ter abonda máis información sobre o tema.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Para que tanto insistir que la web del concello de Ribadeo esté en gallego? ¿Para qué siver el gallego? Yo soy gallego, estudie en Ribadeo, en el Ies Porta da Auga hasta 2 de Bachiller, para ir a la universidad me tuve que ir de Galicia, y me pregunto ¿Para qué me sirvió el gallego? Para nada. Si en lugar de tantas horas de gallego, tuvieramos horas de inglés y de una segunda lengua extranjera, como por ejemplo el alemán, ahora lo tendríamos mucho más facil. Pero no...hay gente que como usted siguen empeñados en que los niños gallegos pasen horas y horas aprendiendo gallego.

ajaspino dixo...

Que cousas, non? O de ensinar Galego, quero decir. En que cabeciña cabe iso. A verdade é que non vale pra nada o de aprender un idioma (e máis se é o teu, che goste ou non).

O millor é falar en inglés, todo diós... Nada de galego, nada de español, nada de nada... ¿porque alemán? ao carallo co alemán, tan só o falan os alemanes... todo diós a falar en inglés que está moi ben pra atopar traballo.

Si é que este anónimo ten toda a razón ¿para que carallo me serviu o galego?
Primeiro pra saber que son galego, e grazas a iso sei moitas cousas:
Galicia está e non está en Galicia.
Gústanos poñer nomes as cousas.
Temos un ser vivo con moitísimos nomes, é un deses nomes en galego é realmente precioso:Vagalume.
Para ti, universitario, igoal prefires saber que Galicia ten 30.000 km cadrados, 1.200 km de costa (manchada), 2.8 millóns de persoas, 1 millón de vacas, 500 millóns de árbores (dise pronto) e algún que outro oso.
Galicia é como é. Os estudiosos din: Galicia é un mundo. Os galegos cando estamos cabreados dicimos: Galicia é o cú do mundo.
E pra rematar, dis que tiveches que marchar... pois mira que eres ben galego; a fotografía máis famosa da historia Galega é a dunha despedida.


Se non soa o teléfono, son eu.
Unha aperta, chenchu

Anónimo dixo...

¿Alemán? ¿Naide fala alemán? Estou nos últimos cursos de Inxeniería Industrial, estuven mirando ofertas de empresas para facer prácticas o próximo ano, e a maioría das empresas piden un segundo idioma: ALEMÁN...si estudiar galego está ben para saber da nosa historia, pero fora de Galicia ¿qué?. O mundo non é soamente Galicia. E en canto marchar fora estudiar, pois decir que si as universidades galegas (Vigo-Ferrol) estiveran máis preparadas pois un non tiña que marchar estudiar fora. Ou si as combinacións de bus con esas cidades dende Lugo, foran meiores, como son por exemplo con Asturias...e outra cousa..Por falar español en todas as comunidades pois tampouco pasaba nada...Eu so digo que durante o bachiller que fixen en Ribadeo: FILOSOFIA E GALEGO non me serviron para nada...saímos do insituto cunha deficiencia en MATEMÁTICAS - FISICA (dada por Antonio Agremón) - INGLÉS...e iso nótase

Anónimo dixo...

Para Ajaspino. Galicia ten 1millón de vacas? Decir que ese dato é de fai 20 anos. Hoxe en día son moi pocuos os que quedan coas vacas, e será gracias a xente como vostedes que nunca defenderon os problemas dos labregos. Os Labregos saían as ruas (fai 10-15) anos, naide os apoiaba, a xente decía que taban tolos, que isó era de terroristas..e hoxe os poucos que sobreviven ó sector lácteo, viven nunhas condicións insostibles...Páganlles ó litro de leite a menos de 30 céntimos..vas comprar leite a Eroski, e cobran o que non ten amaño. Un litro de leite que teña un precio inferior a 50 céntimos nun supermacado significa que ó gandeiro pagaronlle menos de 30 céntimos, e con iso o gandeiro non pode vivir. Tanto Galicia, tanto amar a GALICIA...pero naide defende o noso..naide defende a que foi a gran industria galega: O SECTOR LÁCTEO...hoxe en dia claro que non é..por toda a xente (PP) que se empeñou en distruilo e en deixar familias enteiras no paro....para min ESO É GALICIA...unha comunidade sen rumbo pola culpa dos anteriores gobernantes...e cando unha cousa non ten rumbo..so lle queda a deriva.

ajaspino dixo...

Home, a ver... o de alemán eu véxome na obriga de cando en cando coller textos en alemán (moitos rollos sobre linux e ajax) e traducilos a vaiche boa co babel-fish. Por suposto que me gostaría saber alemán. Tampouco teño nada contra o inglés, nin o español nin o esperanto,nin cristo bendito... os tiros non ían por ahí e creo que se entendía perfectamente.

Filosofía non che serviu de nada? Pois non o sei. Creo que non nos coñecemos (polo nome). A uns igoal si e a outros igoal non. Penso que todo o que se estudia tarde ou temprano terá a sua valía (aunque sexa nun concurso tipo 50*15). Igoal é porque estás a estudar inxeñería... pero se fixeras a carreira de filoloxía, outro galo cantaría.
Eu estudiei nas monxas. E púxenme de relixión até as cellas. considérome ateo, pero creo que o que aprendín de relixión si me serve hoxe en día no ámbito profisional e no persoal.

Sobre o de estudiar fóra. Enténdoche perfectamente. Eu estudiei en ourense. os domingos saia no bus de ribadeo ás 11.30 ou 12 (non me lembro) e chegaba a ourense as 10.30 da noite. dise pronto, moi pronto. Que é un merda? pois si, que queres que che diga. pero non tiña cartos pra irme a barcelona, á escola de disseny. pero sego a decir: os tiros non áin por ahí.

pra o outro, ¿que fai 20 anos había 1 millón de vacas?. okei, tomo nota. a cagei, pero manteño a cagada.
antonio, se podes colle a miña entrada e onde poño que galicia ten 1 millón de vacas pon ao seu carón fai 20 anos.

¿que os labregos fai 10-15 anos sairon as rúas? je, se me coñeces, e algún día te topas conmigo no recuncho, pregúntame que facía eu nesas manifas (fun a unhas cantas fai 13 anos)... e logo che conto o que facían algúns gandeiros. por suposto non vou lapidar a tódolos gandeiros por un feixe deles. pero non me veñas dicindo iso de 'xente como vostedes que nunca defenderon os problemas dos labregos'.


“El gallego es un animal muy parecido al hombre, inventado para alivio del asno"
Mariano José de Larra

Anónimo dixo...

Xa que tanto lle gusta o inglés ó anónimo do primeiro comentario, prefiro que lle contesten desde Londres á súa pregunta de "para que serve o galego?"
https://www.youtube.com/watch?v=v8IBr-2E2-8

Ah! E tamén desde Alemaña:
https://www.youtube.com/watch?v=knOEeACDfIY