20060627

Un aviso: sábado, presentación de libro en Ribadeo

Parece que a nova hoxe é que Ribadeo non ten bandeira azul para as súas praias. É unha nova ben vella. Nembargantes, á noite houbo unha asamblea da Asoc. Puente de los Santos (Por que non se chamaría ría de Ribadeo...?) na que se presentaron as actuacións durante o último ano. Considero que dita asociación, xestora dos cartos do Leader, foi infrausada. A culpa témola todos por non esixir, e coido que xa deberamos comezar a chorar polo montón de cartos que se foron moitas veces en cousas inadecuadas ou sobrevaloradas para o desenvolvemento da zona, que era o que se procuraba. Claro que, agora que lembro, na última asamblea que se fixo pedíuselle a un periodista que abandoara a sala, co que non é de estranar que non fora cuberto pola prensa. Entendámonos: a prensa moitas veces azuza ou mal interpreta, pero de aí a que non se lle deixe cubrir unha información, coido que vai abondo. E, por poñer uns casos, Bush non quixo a prensa 'non oficial' cando invadiu Iraq (aínda podemos lembrar o caso de Couso), e cando se reúne o Banco Mndial, tampouco admite prensa nada máis que na rolda de prensa correspondente, a posteriori. En contra, as institucións democráticas, si a admiten: A ONU, por exemplo, e eso que a democracia alí vése coartada polo peso político-economico dos socios.
En fin, os pícaros saharahuis chegaron, esperemos que o pasen ben. E Ribadeo terá unha pequena biblioteca en pediatría do centro de saúde, que no nestá nada mal que os pícaros lean.
Esquecíaseme. Aí vai tamén unha convocatoria para sábado:

Convocatoria de O Tesón

Presentación de libro


“Ribadeo no tempo, a través das imaxes

(outro Ribadeo foi posible)”


Pola presente, convócase ós medios á presentación do libro “Ribadeo no tempo, a través da imaxes (outro Ribadeo foi posible)” que terá lugar en Ribadeo, no altillo do Cantón Bar, o sábado 1 de xullo á 12 da mañá.

O libro está editado pola asociación de veciños O Tesón de Ribadeo e realizado por membros da mesma, como un agasallo ós socios da asociación e a Ribadeo e a súa historia.

A presentación consistirá nun pequeno acto no que participarán os autores. Os socios están asemade invitados, e repartiranse exemplares ós socios que asistan.



Ficha do libro:

Título: Ribadeo no tempo, a través das imaxes
Subtítulo: outro Ribadeo foi posible
Autores texto: A. Gregorio, G. Suárez e J.M. Rodríguez
Ilustracións: Foto Pérez
Edita: AAVV O Tesón, Aptdo. 92 - Ribadeo
Páx.: 40
D.L.: LU-281-2006
ISBN: 84-6110861-2

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estaría ben extender a invitación á presentación deste libro a todos os socios de O Tesón.