Cada estrela, un libro. así aparece na portada do tríptico editado xa hai por a ANPA do Colexio Público Gregorio Sanz. Del saco un enderezo, http://www.opacmeiga.rbgalicia.org que me leva despois a ver os fondos das dúas bibliotecas de Ribadeo reseñadas: a do IES Porta da Auga e a Pública Municipal Viejo Pancho, onde se pode hasta facer reserva de libros por internet. Probar e ver... Aproveito para indicar como proba 'Ribadeando (o libro)' e facerme algo de propaganda, se ben antes hai que pasar por un listado e comprobar que non aparece como Ribadeando 'a secas', senon como 'Ribadeando 2004'. Se buscas en autor por Gregorio, o primeiro libro que aparece é o de Primi (no que só teño o prólogo), e logo os outros.
En fin, basta de autobomobo: a web pode ser interesante, ó igual que a de atopar libros mediante o ISBN. O que aparece nas imaxes no é o tríptico, senón o folleto informativo da concellería de Cultura sobre as actividades no verán. Nel, chamoume a atención a pequena lectura e que apareza unha referencia da xente que se ocupa de cada cousa na concellería.
Por certo, que hai dende tempo tamén un 'servizo' de avisos culturais por correo electrónico que funciona para todo. Por exemplo, por aí te podees enterar da actuación deste fin de semana (que agora non me lembro cal é...) Falando de outras cousas:
Por unha volta parece que Ribadeo vai por diante, pois mentras que xa vin hai uns días os reforzos da policía municipal, aparece no xornal quie en Viveiro rematan de contratalos. Poderemos eviar así o que pasou en Ferreira, que andan tentando localizar unha papeleira do parque? Coido que eso aquí xa é 'peccata minuta', é dicir, unha falta menor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario