20060829

De cines e fume





Que Ribadeo é unha vila de cine téntao amosar o Concello en Fitur, por exemplo, ou o festival On/Off, ais o que se ve día a día é precisamente a falta de coidado do cine teatro, un edificio que represetna a historia do século pasado en Ribadeo tan ben como calquera outro aínda que non chegue á maxestuosidade da Torre dos Moreno. Teño entendido que pretenden amañalo, pero non sei moi ben cómo nin cándo. Mentras, unhas fotos amosan o estado actual, illa urbana equivalente a un escollo que molesta e non aproveita. bo, aproveita para poñer propaganda; diversa na súa fachada principal, institucional (a célebre 'sinaléctica') na beira de Rosalía. Nembargantes, é un edificio moi usable para cousas diversas aínda no estgado no que está. A curta realizada sobre en On/Off deste ano coido que se quedou demasiado curta sobre a historia e dende logo, sobre as posibilidades. Unha lembranza só sobre o edificio: é dunha asociación privada, non do concello.
En fin, cando me enterei de que querían facer algo del foi xa hai o ano pasado, pero as cousas deo pazo van daquel xeito, e aínda esta semana pasada me falaron de tentar de mover o tema (alguén que non sabía nada del), e as cousas municipais se se deixan corren o perigo de converterse en fume.
Fume que se está a preparar para o segundo asalto legal o día 1 de setembro, no que os locais de 100m2 terán que estar divididos se queren albergar fumadores. Coido que en Ribadeo, como se ven comentando noutros sitios, falta a división a dous días do tema. Meterán multa ou pasará, o de 'laissez faire' por desidia ou amizade?
Teño tomadas fotos da actualidade do terreo da nova piscifactoría, pero hoxe xa van abondas.
--
Posteado hai un ano no blog de Ribadeo.

Ningún comentario: