20060805

De tesón en tesón, cruzando a ría de Ribadeo


Onte atopeime dous nadadores que fixeron o que propuña o outro día: atravesar ata as Figueiras dende os bloques (e volta) aproveitando a marea, baixando mentras remata de baixar e subindo ó comezar a subir, e pisando terra firme a maior parte do camiño. O camiño, lixeiramente diferente, rematou en San Román polo lado asturiano, pero os cálculos son semellantes.
Cálculos que parece que son superiores ós que fixo o alcalde, que extá pensando en construír o transformador xa para a factoría de peixe de pescanova/insuíña, e resulta que non sabe (polo momento) de onde sacar cinco millóns , ó tempo que afirma que está seguro que se instalará en Ribadeo. Se neses cálculos non se aclara aínda, no por que se deixa instalar, cando está promovendo o turismo na zona, algo que non dixo, imaxínome que menos.
Unha nova viciña, pero que podería repetirse en Ribadeo: 28 dominicanos comezaron a traballar en Viveiro, despois de telos ido procurar aló como man de obra para a hostelería. As condicións nas que veñen?
Unha de deportes: polo dopaxe de Landis, teremos un campeón galego (o primeiro) do tour de Francia?

Ningún comentario: