20060820

Desequilibrio de xénero, desequilibrio político

Unha nova sobre o desequilibrio de xénero en China (o desequilirio entre o número de nacementos de varóns e de mulleres) lévame primeiro á función económica e a súa relación co desequilibrio, logo á función económica do mantemento do desequilibrio e ologo, ó desequilibrio político. Pero, que relación terá eso para figurar nun blog con Ribadeo como tema preferente e sen nengunha relación declarativa coa China?
Pois a ver...
Resulta que na China rural asóciaciase aínda hoxe o nacemento dun varón co seguro de coidados para a vellez dos pais, mentras que o nacemento dunha nena é unha desgraza, debido a que a tradicióbn marca que ó casarse, as mulleres vaian á casa do marido e 'ingresen no escalafón máis baixo do traballo doméstico' ás ordes da xefa ata a súa morte, a nai do marido. Naturalmente, cabería poñer moitas aclaracións, pero o fundamental é eso.
Co advenimento de métodos de diganóstico do sexo no embarazo, ademáis da política de fillo único na China dende hai xa tempo, as familias temen quedarse sen mantemento no futuro por ter unha filla, co que comezou o infanticidio feminino de moitos xeitos, e así hoxe nacen ata 5 rapaces por cada 4 rapazas, segundo as zonas do país. Un fenómeno que leva consecuencias case inmediatas a que por exemplo, as casa de acollida infantil daquel país sexan na práctica só de acollida de nenas ou que de todos os nenos chinos adoitados en España, todas sexan nenas.
Pero, cara ó futuro, os chinos non van ter mulleres abondas para un equilibrio desexable. Resultado: xa hai alarmistas que din que se raptarán rapazas chinas en Espña para reenvialas aló, está previsto un aumento da prostitución forzada naquél país, etc, a aprte da descompensación propia no funcionamento do corpo social que implica a ausencia de mulleres. Tamén, aínda que se esteña tentando de favorecer a 'produción de mulleres', como seguirán sendo menos, terán menor peso político a raíz do principio de 'unha persoa, un voto', e polo tanto, de xeito direito, o feito de seren masacradas terá como efecto un menor poder de decisión no futuro e a maior posibilidade do seu asoballamento.
E pasamos a Ribadeo... estánse a construír máis e máis edificios en calquera circunstancia, co que cada vez haberá máis xente interesada en non poñer trabas a unha construción sen senso.
Estáse a poñer cada vez máis locais nouturnos sen condicións, co que cada vez haberá máis presión para que non se metan con eles.
Hai cada vez máis inmobiliarias con liquidez, polo que cada vez interesará menos poñer prezos baixos á vivenda porque poden aguantar e se se vende máis caro, máis comisión.
... Como no caso dos chinos (das chinas), habería que axustar e precisar, pero nos exemplos anteriores e noutros máis vése claramente o cumprimento dun vello principio, contrastado na tendencia á reproducción social das mesmas pautas e vicios sociais aínda mesmo cunha lóxica autodestructiva e sempre que non se lle trate de poñer algún tipo de lóxica positiva, con intensificación das características.
En fin, para seguir pensando en solucións e que a cousa non siga.
--
O ano pasado tal día como hoxe en Ribadeo

Ningún comentario: