20060818

Gustavo Adolfo en Ribadeo


Outra nova presentación de libro, esta vez, dos estudos de Dionisio Gamallo sobre Bécquer, e, de novo, en castelán. Aínda me lembro como a presentación anterior, do libro sobre Suso Peña, no que Roberto Rodríguez dixo algo así como 'perdón' (con outras palabras) por referirse á ría como 'ría de Ribadeo'. E é que as veces, os detalles son chocantes e péganse á memoria sen poder desterralos.
Bo, pois ó que íamos: Gustavo Adolfo fixo que o polígrafo local, Dionisio Gamallo, fora cualificado esta volta como estudoso becqueriano. O certo é que a presentación a cargo do autor (participou antes Cortezón) Jesús Rubio deixoume as ganas de ler o que Dionisio escribiu sobre Gustavo Adolfo, comentado por Jesús. O caso é que na biografía subtitulada 'varón de Porcillán', escrita por Cortezón sobre Gamallo, non vexo moito rastro da dedicación de Dionisio a Bécquer. O certo é que só lle din unha miradiña. Haberá que mirar máis en profundidade... é dicir, plantéxaseme a pregunta de cánta xente lee os libros que se escriben sobre os ribadenses (incluído 'recuerdos de infancia', coido que se titula). Ó mellor, é máis xente da que a min me parece, porque a pesares de que o salón da presentación estaba cheo, sigo tendo a impresión de que a porcentaxe de xente que os lee é baixa.
Por certo, ó cargar a imaxe do faro, lémbrome de que dúas persoas dixéronme que o que puxen onte no blog, a foto do botellón, non era tal, senón un rito satánico...

Ningún comentario: