20060802

Hernán, Ría de Ribadeo, ... (2ª de hoxe)


propaganda on offRemato de cargar a parte da acta do último pleno municipal (10/07/06) que trata do nomeamento do auditorio Hernán Naval.
A foto da ría de Ribadeo amosa unha 'nova illa' fronte a Castropol. Nadando nadando, achegueime e vin máis in situ o tema, o perfil do tesón de Castropol, e téno curioso: entre o cacho emerxido na foto e 20 m cara o sur, hai un desnivel de medio metro. E así, nadando, nadando, ocorreúseme a convocatoria do "día dos tesós na ría de Ribadeo", para atravesar, xusto antes da marea baixa, dende o espolón dos Bloques ó tesón da Vila Vella, logo ó tesón de Mirasol, e aproveitando a marea ó de Castropol, ó e logo, ó das Figueiras (Berlinga). A cousa remataría tomando algo nas Figueiras. calculo que habería que nadar en 5 veces, unha volta descontada a marea, 50m, 5 m, 100 m, 200 m e 50 m. Distancia total percorrida, medida polo sigpac, uns 1900 m.
O programa de On Off, ben deseñado, na beira (lembrar que debe aparecer, ó premer na imaxe, a imaxe soa, e alí, unha lupa, e premendo, aumenta a imaxe...).

Ningún comentario: