20060823

Música, educación, transgresión ... e Ribadeo, claro


A actuación da Orquestra de Cámara Bach da Gewandhaus (literalmente, casa de vestimenta) de Leipzig fíxome pensar na relación que poño no título. A actuación, presenciada por un auditorio no que quedaban poucos sitios libres, foi aplaudida (ó meu xuízo, con xustiza), en particular, a frauta na Suite nº 2 para frauta e orquestra en Sim BWV 1067 de J.S.Bach, que tivo que saír dúas veces. A orquestra naceu na Alemaña Oriental, froito da educación no sistema comunista. O sistema, como é sabido, caeu por moitas razóns, pero coido non foi a educación unha delas, pois nos países da outra beira do 'telón de aceiro' a educación era moi boa (tiven ocasión de comprobar algo do tema), pero paréceme que lle faltaba un compoñente alomenos: a liberdade e a súa asociada, a iniciativa... que está relacionada coa trasgresión das normas, que fai por outra banda que éstas evolucionen. Penso que teño loitado moito contra as transgresións de varios tipos, pero coido que sempre deixei algo de espazo para algo deso, de trasgresión, pois coido que (por exemplo) como profesor, tócame facer algo de 'sparring' dos alumnos, e a trasgresión implica algo de cumprimento da elasticidade humana dos límites...
De calquera xeito hai variacións nas transgresións, e o que aparece na foto non é exactamente das permisibles: o lixo cheo a medio día, con cartón no lixo xeral, fóra do sitio para depositar o refugallo, que está cheo ... en fin, son moitas transgresións nunha, e algunha de institucións, non direitamente de persoas; coido que ás institucións, creadas precisamente para aplicar a non-trasgresión, non se lle debe permitir.
--
Hai un ano, a entrada non era, non houbo. E hai dous, tampouco, aínda que arredor destes días, hai dous anos.... Seguiremos en Ribadeando, o blog de Ribadeo :-)

1 comentario:

Agremon dixo...

Unha nota de atención para dicir que hai 3 comentarios na entrada referida do blog, e algún chamoume a atención