Xa teño dito nunha entrada anterior de ónde collera a cita, lema de Indimedia, aínda que non puxera a ligazón a un sitio que pode resultar moi interesante.
Agora volvo sobre o lema a raíz das dúas nova que hoxe lle adica un periódico a Ribadeo e á súa importancia relativa. Resulta que hai algún tempo un amigo díxome que nova non era cando o can mordía ó neno, senón cando o neno trababa ó can; eu sigo sin entendelo ben, pois coido que o primeiro é unha nova porque se sae do común sen chegar ó extraordinario, mentras o segundo, que chega ó extraordinario, coido que non é unha nova, é unha curiosidade. Con este preámbulo sobre a miña opinión, ó mellor non estrana que me chame a atención que a nova principal dunha sección de A Mariña sexa que Ribadeo abre unha semana adicada á música, danza e habaneiras, mentras se deixa cunha importancia menor que Ribadeo apsará a ter unha cuadrilla voluntaria para vixiancia de montes. A primeira 'nova' coido que se resume perfectamente no título. A segunda requeriría máis datos, contabilizando que se trata de voluntarios, que van exercer en Ribadeo, que os hai de outros concellos de A Mariña, que ... en fin, o mesmo tenente de alcalde di que aínda quedan cabos soltos, e supóñoo consciente de que sendo voluntarios, depende da administración que se sintan a gusto para poder seguir cumprindo coa labor, cousa non doada baixo ó meu parecer.
Compréndese agora a nova referencia a Indymedia?
As fotos, para comentar o exceso de velocidade na ría de Ribadeo (a moto por diante de San Román) e un paso baixo a ponte.
--
Hai un ano comentaba o conflicto en Rinlo. A cousa segue dando de si co beneplácito do alcalde, aínda que esta tempada está parada. agora o problema parece trasladarse á pena do Corvo, despois da parada alí.
1 comentario:
Ben, na versión papel que vin, a importancia é outra, co que o título queda un tanto desfigurado, pero agora xa vai e non o cambio.
Publicar un comentario