20060825
O tratado non é Europa
No seu momento apuntei na primeira páxina do libriño do tratado para unha constitución europea a frase que encabeza a entrada de hoxe. Certamente, para comezar, chamábanno constitución pero era un tratado, e que non representaba Europa, alomenos ós seus cidadáns, quedou claro, aínda que non es España. A cousa ven a conto de que a pesares de todo, o tratado tiña cousas positivas, e a lexislación (Europea, pero tamén Española, Galega ou Ribadense) tenta protexer, e, salvo inxustizas patentes, hai que traballar para respectala. Evidentemente, toda norma terá furados, pois os hmanos non somos perfectos, e hai voltaas que parece que protexe a quen non o necesita contra quen si lle fai falta. Pero, postos a defender dereitos, hai raios de esperanza con certa frecuencia. Así o PXOM en relación coa Xunta (ver o informe aquí) ven poñer as cosuas algo máis claras, botando para atrás o groso da construcción prevista, pedindo máis zonas verdes e dando un tirón de orellas no sentido de que non tenten meter gato por lebre. É evidente que esto non soluciona todos os problemas, e sería longo de tratar aquí, pero procurando a defensa das normas de convivencia, ás veces, cúmprense. E cada vez que se cumpren é algo que ganamos todos, aínda os que en principio se sinten perxudicados.
Algo a considerar tamén é a indicación de que hai normas xerais que son mínimos, non de cumprimento a rajatabla, e polo tanto no desenvolvemento, os concellos ou que sexa debe afinar máis, xa sexan os metros de servidume costeira, a separación de locais de copas ou a cesión de terreo opúblico en urbanizacións.
Claro que a parte do mundo dos papeis no que tanto nos xogamos, tamén hai despois as cousas máis pequenas, como que dúas rapazas teñas as súas diferencias e tenten solventalas fastidiando o coche da outra, como aparece hoxe no periódico. A sociedade hai que construíla de riba abaixo tanto como de baixo arriba, pouco a pouco, con tesón e sen defalecer, e aínda así, tendo conta que sempre van saír cousiñas ou cousazas que den ó traste coa perfección. E os alcaldes, ou o xefe de goberno, ou un multmillonario, non son máis que persoas normais cunhas circunstancias particulares: de aí que tamén teñan os naturais vicios (e virtudes) humanos e non se poda abandoar a xestión ó seu imperio se non é matizadamente, cun seguimento e interese contínuo dos asuntos por aprte de todos, na medida das posibilidades, aínda que non sexan moitas.
--
Hai un ano comentaba algo que pensei titular 'la subasta de Ribadeo'...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
O pior moitas veces non son as leis, senón o espírito das mesmas. Está claro que en Europa o Parlamento non é forte senón a Comisión, que foi quen propuxo grande parte da Constitución Europea.
Quen manda sempre é a Comisión e sobre esta actúan moitos, demasiados, lobbies. A Comisión é quen xeralmente propón unha e outra vez esas leis aberrantes que ninguén se explica de onde san e que o Parlamento tenta rexeitar xeralmente unha e outra vez (aínda que no Parlamento tamén hai lobbies, mas son menos). Lémbrate da lei de patentes ou directiva do comisario Bolkestein. Ao final acabanas colando a base de descafeinar a forma da lei (que non o espírito) e proporllas para aprobación ao Parlamento Europeo unha e outra vez.
Publicar un comentario