20060823

Piscifactoría en Ribadeo

Os documentos correspondentes á nova piscifactoría, 'Granja Marina de Peces Planos', a situar á beira (e en terreos) do castro de Vilaselán están en exposición pública dende unha tempada (31 de xullo). Chegaron ás miñas mans e agora están colgados en internet (pode accederse directamente aquí).
Os planos, a pesar de que poden ser aumentados premendo co rato sobre eles, non saen moi claros, pero si se pode observar tanto a delimitación marítimo terrestre como a servidume de paso (6m) como a servidume de protección (100m). A superficie da parcela, 265247m2, está segundo os planos, ocupada en 125247m2, dos que 51932 son para auga de engorde e 7628 para alevíns, pensando nunha produción total de 2,561Mkg/ano.
Aparecen nos planos as naves de alevíns (cadrados pequenos), o acceso (con instalación de portería e control), unha sala de elaboración (máis ó NO), o edificio principal (ó N do anterior), os silos de alimentación automática, o depósito de gasoil, o de auga doce, osíxeno, os grupos electróxenos, o pozo de captación (ó que chega ó tubo longo, con auga limpa), a osixenación, servizos e filtración (de onde sae o tubo curto, a leste do de captación, aproveitando as correntes que levarán o refugallo cara á ría de Ribadeo. Por hoxe non comentarei moito: aí están os papeis para quen os queira ler. Nembargantes, algunha pincelada: a)as instalacións métense na zona da castro. b) só hai filtración como tratamento de refugallos. c) a saída de residuais é curta, mentres a de auga entrante é longa. d) considerando os terreos ocupados e o desnivel de excavación que aparecen nos planos, saen da orde de 2.500.000m3 de terreo que se extraerá, isto é, unha montaña que se ben ocultará ás instalacións se se mira de lonxe, onde se vai botar?
--
Hai un ano poñía unha entrada sobre Rinlo.

Ningún comentario: