20060807
Ribadeo, un día de xira en Santa Sruz
Coido que tan ben se pode coñecer a xira de Santa Cruz polas fotos dela como, para a xente que xa ten algo de idea de Ribadeo, polas fotos que non son da xira e manifesta o oco que dalgún xeito se produce en Ribadeo por efectos dela. As tres fotos que van hoxe son só aspectos moi parciais, dun camiño proximo a Santa Cruz e calmado a unha horas nos que o monte era un revoltillo. O aparcamento no mesmo monte, baixo un sol que se pode interpretar como de xustiza aínda que non fora tanto. E unha das rúas peonís máis ou menos co paseo habitual para un domingo do verán. Quedan sen publicar outras fotos, como as de xente que logo subiría á xira pero que xa se manifestaba como 'xireiros' pola indumentaria e comportamento, ou a vista da ría de Ribadeo impasible como non debería ser doutro xeito, vista dende a zona na que se celebraba a xira. O oco que representa o monte en festa vése así manifestado por e rodeado de outras vistas máis correntes, máis habituais, pero que destacan nun día como o da xira, aínda que este ano vaia a data abondo separada de outra actividade multitudinaria coa que compartiu dia moitas veces, o trofeo de fútbol de Ribadeo.
Etiquetas:
Xira
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario