20060803

Rocambole


Rocambolesco é a palabra que me veu con máis frecuencia á mente mentras escoitaba a charla sobre a represión en Ribadeo nas xornadas organizadas por Paco Lanza. Os ataques a particulares, xustificados a partir de declaracións manifestamente metireiras, onde se deixaban testemuñas positivas fóra, se amezaba para obter testigos inculpatorios, etc, serían de risa se non fora porque houbo mortes, e moitas, polo medio. Recursos como declaracións incuestionables cando se traba de Guardias Civís, por exemplo, a instrumentalización da xustiza, despois da súa dominación dun ou outro xeito, ou os arquivos da igrexa (con minúscula, aquí non merece maiúsculas) que non se poden ver polo momento... Todo dito diante dun auditorio de 90 persoas (30 de pé) no salón de actos da casa do Mar, entre as que se podía ver algunha cara pública. Díxose na charla que a xente tiña medo aínda: non é extraño se se ve hoxe que por cousas absolutamente sen importancia en relación coas que ocorreron naquela época, a xente compórtase con medo.

Ningún comentario: