20060804

Semipeonil en Ribadeo

rúa Pasarón y Lastra, semipeonil en Ribadeo
A da beira é a imaxe dunha rúa semipeonil. É dicir, dunha rúa na que os coches aparcados deixan a metade de espazo para que os peóns, cando non veñen outros coches, pasen... será esa a definición? Certo, estamos en agosto. sacarei outra foto máis adiante, fóra de agosto. Hoxe o tenente de alcalde fala de que a nova imaxe de Ribadeo debe pivotar sobre a calidade de vida. Estou de acordo. Entrará o ruído nouturno na calidade de vida? Espero que si, teño ganas de ver e disfrutar esa nova imaxe de Ribadeo.

Ningún comentario: