20060818
Unha nota, un libro e dúas citas
Vaiamos pola nota. Xa vin hai algún tempo un problema en relación á versión definitiva dos post: a referencia vía RSS ou outras en web que referencian Ribadeando collen só a primeira versión, e non a actualizan despois, alomenos ata abondo tempo despois. Eso implica que cando un post queda a medias por un rato, o que pasa con frecuencia, ou queda con montón de erros por corrixir (o que pasa máis aínda), etc, nesas outras web queda referenciado só a versión incorrecta. Moralexa: Se alguén quere ver a versión correcta de cada post, ten que ir ó mesmo blog Ribadeando, e non quedarse na versión referida por RSS...
O libro. foi presentado o libro de poemas 'La tierra vertical', de Aurora García Rivas, como é habitual, na Casa das Letras. gústame a poesía, pero non leela unha tras outra, tras outra... e como tras unha breve introdución comezou a lectura, en breve tempo saín do local. O que escoitei, ben.
Unha cita: 'se non se acugularan riquezas, o pobo non imitaría aos ladróns' (Tao Te King, Lao Tse, versión de Xosé Lois García, Editorial Toxosoutos, Noia 2006). a súa aplicación é moi amplia, pero estamos nun blog que trata de xeito preferente sobre Ribadeo. Pode ter aplicación por exemplo, no auxe da construcción e as tropelías atribuídas? Ou na proliferación de locais de copas e ruído sen moito control? Non sei, cada un pode aplicalo en moitos sitios diferentes.
Outra cita (en realidade, dobre): 'Non á globalización sen representación' / 'pódense reafirmar os principios democráticos abstractos, mentras refórzase a policía e planéase traladar decisións ó espazo dos "fluxos inmateriais". Ou ben pode repensarse a democracia, construíndo sobre o que conseguimos na historia, no novo contexto da globalización'. Ambas son citas de Manuel Castells nun artigo de 2001 no 'El País. A primeira é o lema da macromanifestacón de Seattle que deu pé ó nacemento mediático dos movementos anti globalización capitalista, que non coñecía e paréceme realmente definitorio. A segunda parte corresponde a unha reflexión de Castells, que con verbas un pouco complicadas para Ribadeo (ó fin, está aplicada á mundialización) ven a dicir doutro xeito aquelo de 'se non exerces os teus dereitos democráticos, rematarás por perdelos' que xa teño reflexado nalgún artigo anterior no blog.
En fin, con Ribadeo ó fondo, ou coa ría de Ribadeo, da que hoxe acompaño as fotos da zona onde pode considerarse que é o límite da ría antes de ser só río, en Abres. Está a marea viva e ben chea, e nótase.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario