20060811
Unha presentación para Suso Peña en Ribadeo
Jesús Peña Rego foi acreedor dunha presentación dun libro feito coa escolma dos seu traballo. O título, 'La mirada mágica', pretende ser unha traducción do que significaba o esprito interpretativo de Suso. foi na espazo que ten 'a caso do libro', que resultou moi insuficiente, pois tivéronse que voltar atrás moitas persoas, e moitas outrads mantivéronse como poideron á beira da parede ou nas escaleiras. Chamoume a atención a chea de autores de libros presentes, entre os que se atopaban, a máis de Cortezón, que participou na presentación, Amadeo Arango, Carlos Cid, Chemi Lombardero, Primi Nécega, Francisco Díaz -Fierros, Gonzalo Moure, ... e de seguro que se escapa algún (por certo, a orde non ten nada que ver coa importancia ou número de obras publicadas). Entereime de que Dionisio Gamallo e Suárez Couto foran profesores del; do resto do que se falou, xa dun ou outro xeito tiña idea.
A presentación foi completada por Roberto Rodríguez, despois de comezar o director de Gráficas Lar de Viveiro, empresa coa que mantivo longa relación Suso.
Recollo aquí unha das ideas de Suso para Ribadeo, citada na presentación: un mapa cerámico do concello, a poñer na antiestética fachada cara a rosalía de castro no seu comezao. coido que non estaría nada mal. En fin, as fotos, dos tres presentadores, unha vista do salón antes de que se rematara de encher, un momento da presetnación e o ceo fóra, ó saír, que se me presentou como unha imaxe de Suso, ó meu estilo: nuves encaixoadas pasando libres sobre as nosas cabezas, ocupando o ceo dun xeito inverosímil. En fin, cousas que lle dan a un, algo posiblemente sen moita relación, como que os dous pequenos familiares de Suso que había no salón tiveran que ser desaloxados por mor dos choros.
Etiquetas:
Primi Nécega
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario