20060821

Xesús voltou de vacacións






Foi unha idea que se me ocorreu hai uns 15 días: Xesús Deus debía estar de vacacións. A terra queimábase e parecía o inferno. Logo foron parando os incendios, e choveu. Xesús voltou de vacacións...
A ría de Ribadeo, polo contrario, xa as vai necesitando despois da sobreutilización do verán. Ben, é evidente que en relación con outros lugares, a ría non está sobreocupada, pero en relación ó que era, sen ir máis lonxe este inverno, houbo un trauma de uso. Aquí van fotos para lembrar unha ría e relación arredor dela: unha posta de sol sobre a verquente galega, xusto ó norte da Ponte dos Santos, o tesón da Berlinga, flanqueado por Castropol á súa dereita e As Figueiras á esquerda, un derrube sen amañar dende hai oito meses, unha antena de telefonía cun cartel abaixo que pon 'sen permiso municipal' xusto por riba da praia de San Román, e un rastro de avión surcando o ceo xusto por riba da ría, cara ó norte...
--
Hai un ano, reseñaba que en Ribadeo había menos cantón. Hoxe a entrada podería ser algo parello con 'menos peonil', pola que en lugares hai doble ancho de mesas que de paso... hai cousas que costa cambiar.

Ningún comentario: