20060805
Xira e fotos
Hoxe asistín ó pregón da xira do pregoeiro José María Rodríguez Díaz. Confeso que non estiven nunca unha xira enteira, e coido que é a primeira volta que vou ó pregón. José Mª desgranou unha lembranza de vivencias doutros tempos para facer unha contraposición ás actuais. O pouco tempo de que dispuxo para a súa redacción fai pensar nunha improvisación que non se deu se consideramos algo máis que o tempo a disposición. Espero que o pregón esté pronto, dun ou outro xeito, na rede. - corrección: xa o está, na ligazón que puxen arriba.
Mentres, un par de fotos (malas...) co pregoeiro en función e a actuación posterior. Como complemento, unha vista nova do auditorio Hernán Naval (para o que teño dificultade para collelo en foto e qe sallan as letras que lel puxeron como 'Deus manda') e outra de Castropol, sacadas ambas no entorno do acto do pregón.
Etiquetas:
Xira
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario