20060924

Creo nas posibilidades da acción social significativa

(tamén en Ribadeo) O título está collido de parte dunha frasede 'La Sociedad en Red', libro ó que xa me teño referido de Manuel Castells, e é parte dunha declaración de principios do autor que teño por miña antes de coñecer que era tamén súa. Nunha época na que unha das urbanizacións de Murcia que hai poucos meses se anunciaba como parte do pelotazo urbanístico desa comunidade (Polaris World), con problemas de abastecemento de auga incrementados por macrourbanizacións como ela, campos de golf, etc, nunha época, digo, na que poucos meses despois se ve o anuncio na tele para a venda das vivendas resultantes do desastre urbanístico, creer nas posibilidades da acción social pode parecer algo así como unha relixión para un grupúsculo revolucionario en troques da base do funcionamento social deocrático. Por eso o agrado con que acollín a súa expresión no libro, un dos de socioloxía de máis impacto a nivel mundial nos últimos decenios.
Facendo un pouco parodia doutra frase que aparece pouco máis adiante no mesmo libro, "Gostaríame que este blog fora unha modesta contribución a un esforzo analítico, necesariamente colectivo, que xa se está a xestar dende moitos horizontes, co propósito de comprender o noso novo Ribadeo sobre a base dos datos dispoñibles e dunhas ideas exploratorias" para a partir de aí, actuar, claro.
--
Hai un ano subía ó blog unha nova de Ribadeo ben relacionada co que poño nesta... e algo máis, tamén sobre Ribadeo

1 comentario:

Agremon dixo...

Coido que hai que ser positivos. Nunca a porcentaxe correspondente foi moi elevado. E moitas veces trátase só de trasladar a discusión dos bares a un foro amplo, outras, de que a xente coñeza para que poda opinar, ... en fin, eso, positivos: eso tamén é acción social.