20060925

Foto e teatro


A foto, a descoberta de que a marea está a baixar, na Ponte dos Santos, ría de Ribadeo.
O teatro... A mostra continuou o sábado co grupo 'Conxunto baldeiro', cunha obra de Manuel María, 'A lúa vai encoberta', que me deixou ganas de ler a obra porque non creo que sexa tan mala como para destrozala dun xeito tan baldeiro. Non puxen onte a crítica porque non entendo moito de teatro e tiña mdo a equivocarme, pero... desafío a quen queira a atopar alguén que de unha crítica positiva, que foi o que fixen eu: ir na súa procura.
--
Despois das fotos e o comentario a parte de onte sobre a acción social significativa, hoxe lembro unha entrada dun mexón en Ribadeo

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Home..... tan mal non estivo, os rapaces fixérono ben, non? pois con eso me quedo

Agremon dixo...

A entrada anterior estaba repetida de xeito exacto 4 voltas. Só puxen unha. En troques, os comentarios negativos sobre a representación (máis que sobre a obra en si) foron abondos máis. É dicir, os rapaces non o fixeron ben. E, remitíndome a palabras de outra xente, fixeron unha obra na metade de tempo, parece que traballaran por horas, e non se sabían o papel (ían ó fondo cada pouco...) En fin, repito, quedeime con ganas de leer a obra apra ver como debera ser (e eso si que é meu, non comentarios que me fixeran)