20061017

Un vello equipo de Ribadeo

Aló polo comezo da democracia, o equipo do PSOE en Ribadeo era algo diferente do que hai agora. Javier González Miro, Pepe de Ramos (José David López Pérez), Bernardo Rodríguez, Francisco Campos (o de Hispanagar), Antonio do Medio, Antonio de Marelle, José Ramón Penedo, Pepe de Marcos ... entre outros que hoxe están máis ou menos desaparecidos da política e esquecidos, sen ascendencia no actual PSOE. Ó mellor, o vivir daqueles tempos lles da unha experiencia e unha ética que serían proveitosas para o actual PSOE de Ribadeo. Unha mágoa que non se aproveite a xente que quedou fóra por xubilación normal ou por xubilación anticipada. Para pensar...
Mentras, hoxe parece que xa están decididos os 3 cabeza de lista para as eleccións municipais. Neste caso, parodiando aquelo de 'os dous de sempre', quedarían 'os tres de sempre'. Claro que hai que dicir que por exemplo un dos tres é discontínuo temporal.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Os primeiros militantes, dos que eu formei parte, estaban por ideas. "El abuelo", Pablo Iglesias e a súa loita a nosa guia.
Ninguén buscaba personalismos. As primeiras listas que se formaron saíron das bases.
O poder corrompe e está moi claro. A democracia volverá a existir cando cada home sexa responsable directo do seu voto. Non se pode delegar.

Anónimo dixo...

¿Criterios?, ¿personalidad?, ¿ideas?... al leer algunos de esos nombres me cuesta trabajo aplicarles el adjetivo de "socialistas".

absurdo dixo...

Hoy en día la gente no se mete en política por sus ideas, sino para saciar su ego. Alguien puede creerse que el señor Balbino tiene algún tipo de ideal o que busca el beneficio del pueblo?
No conozco personalmente a las personas nombradas(estoy convencido de que el Sr. anónimo tampoco), así que no voy a caer en el error de opinar sobre ellas, ya que hablar sobre lo que no se conoce es de imbéciles. Y no se me ocurre un alcalde más digno para este colectivo que el Señor Balbino