Asómbrame a capacidade que ten o urbanismo de xerar novas. Acusacións, denuncias, xustificacións, feísmo, cartos, tonterías, ... todo vale como nova, sempre que no fondo esteña o urbanismo dun xeito ou outro.
A última (que non ven en solitario, hai máis novas sobre o tema no mesmo xornal), que Ribadeo adapta o seu Plan Xeral de Urbanismo a un 'modelo de desenvolvemento mantible'. Moito debeu de cambiar Ribadeo dende que eu non saio á rúa. Aposto a que a nova redacción do plan sae á rúa sen unha declaración do modelo de desenvolvemento para Ribadeo, como foi pedido 'só' hai máis un ano, e só por dúas entidades diferentes (que teña eu constancia, polo menos O Tesón e a Mesa de asociacións). Temén me estranaría que recolleran algo sobre zonas de protección acústica, como está estipulado legalmente que se faga (e foi pedido igualmente a raíz do cambio normativo). Só por poñer dous exemplos e non estenderme máis. Por certo, ó parecer o alcalde fala dunha aprobación inicial, é dicir, dunha aprobación 'electoral' para calmar a algún sector e non do funcionamento efectivo do plan, que coa mentalidade actual non me estranaría que tivera que pasar polos tribunais.
Ben, o Cambio ó que me refiro no parágrafo anterior pode ser debido a que o mesmo Medio Ambiente (Consellería de) sexa o que teña que sancionar a unha empresa, encargada da circunvalación, por desvío dun regato, mentras que do concello non se sabe nada ó respecto. Claro que tiveron un ano máis pare pensar no desvío, e deberon facelo a conciencia: a obra leva un retraso equivalente ó dito, polo que ó mellor ó concello non lle deu tempo a velo ou estaba tan oculto que a mesma consellería o califica de falta menos grave. O rego? Os Malatos.
1 comentario:
Na National Geographic deste mes trae a reportaxe "parques urbanos, verdor para el espiritú" (http://www.esmas.com/nationalgeographic/reportajes/569915.html).
En Ribadeo, cada vez menos. Mais pedra, mais asfalto, mais formigón, menos árbores, menos vida.
Publicar un comentario