20061126
Confusión en Ribadeo
E moita. E non se trata da confusión, noitre tras noite, que produce a música alta xa cando te deitas e despertar ás tantas da noite sabendo incumprimentos varios nos locais que coproducen a movida (no meu caso). Non, refírome a cousas como os cartos. Coinciden hoxe en titulares que a variante oeste leva un ano de retraso (pode que o que lle prometeron ó alcalde ó virar a chaqueta co tema do recheo en Mirasol) polo momento, mentras se prometen novos prazos, con que se consigan millóns de euros en Madrid para un ascensor que parece ser algo así como a panacea para que a xente non baixe en coche ó peirao, abusando da locomoción a combustión interna... eso sí, despois de construír o correspondente aparcamento nun recheo que no seu día foi protestado. E é que, despois de séculos, o proxecto do ascensor ven solucionar unha molestia, a de baixar ó peirao a pé. A min ségueme a mosquear que o subvencione Medio Ambiente.
Logo hai outras cousas que parecen para despistar. A medalla á coral vése deslucida en medio desta maraña, na que por exemplo, critícase o apoio do alcalde ós 500m cos mesmos argumentos que empreguei eu: é unha nova virachaqueta tras defender vinte urbanizacións, ou Fernando Suárez se defende de queixa veciñais alegando que está detrás o PP e coido que esquecendo a pregunta de se son ou non lexítimas, ou aprovéitase o fin do Leader para dicir que se fixeron moitas cousas e obviando un estudo do seu rendemento, os problemas ou a posibilidade de continuidade. Esquécese así tamén que unha proposta miña ó alcalde correspondente por aló finais dos anos 80 deixouse no esquecemento e hoxe Viveiro e Foz teñen aulas universitarias (o que en principio merma a posibilidade de que Ribadeo as teña en breve), mentras en Ribadeo estamos atendendo á construcción dun ascensor para fomentar o colesterol en turistas e veciños.
As fotos, a previa dunha mellora que se pretende facer na Avda. de Galicia, que comprende o poñer 'decente' algo que foi deixado dun xeito 'indecente' como se pode ver. O outro, a casa do óptico co azul que loce esta tempada, e que será sempre un referente de Ribadeo e da arquitectura indiana na zona.
Etiquetas:
economía,
Fotos Ribadeo,
Medio,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario