20061110

Fondos de pantalla da ría de Ribadeo




Si, mellor poñer como fondos de pantalla o título; ó fin, as fotos están aí, a un formato maior que o que soo poñer. Porque parece que o obscurantismo dos concellos non é só en Ribadeo. Aí está o caso de Barreiros, sen publicar as actas das Comisións de goberno dende hai sete meses. De calquera xeito, coido que non é bó seguir o malo dos demais, senón o bó, e loitar polo mellor... e tentando esa idea está publicado o post anterior coas preguntas do Tesón ó próximo pleno, ó día seguinte de que o candidato anterior do PP á alcaldía sexa o candidato seguinte do PP á alcaldía mentres en Ribadeo se anuncian 4000 € da Deputación para fogos artificiais.
Alternativamente á nova dos fogos artificiais, a prensa ofrece outra para Ribadeo: un libro sobre a vida de Pedro Murias, unha persoa que fixo cartos fóra e os gastou en parte facendo boas cousas aquí, en troques de ganalos aquí de mala maneira e gastalos fora. E non ofrece a nova de que onte o Consello Municipal da Muller se reuniu (pero ofreceráa) e deu conta de cursos e actividades feitas e por facer, e pediu colaboración para levalas adiante de xeito que rendiran a quen poda aprovaitalas, porque o certo é que moitas veces as actividades prográmasnse e logo non vai ningué a elas mentras que ese mesmo ninguén se queixa de falta de.
As fotos? un tema menos inconvinte, obtidas onte a medio día sobre unha brumosa ría. A hora de toma está adiantada una: foron tomadas a eso das dúas e media.

Ningún comentario: