20061128

Perspectivas (electorais en Ribadeo, por exemplo)


A seis meses das leccións, se me piden facer un pouco de prospectiva, téñoo claro: 4,4,4 e 1. O un, para o independente. Os outros 4, repartidos por orde de votos, para PP, BNG e PSOE: o PP segue a perder votos, unha volta perdido o 'efecto poder', mentres vexo ó PSOE sen creto para capitalizar o mesmo efecto e cunha visible división entre cabeza de candidatura e o resto. Por outra parte, estranaríame un pacto en tre PP e PSOE, mentras que calquera dos outros (PP-BNG e BNG-PSOE) é posible. De calquera xeito, de aquí a medio ano...
Algo afectarán no anterior tamén as cuestións ambientais (lembro que o alcalde leva/non leva o tema de medio ambiente dende hai tempo), e xa non só é O Tesón quen ten dúbida sobre o paseo ata as aceas, pois xa se sumou, con nota de prensa, a Plataforma, e pide o estudo ambiental e di que pode haber cuestións obscuras qeu o alcalde debe aclarar. A cousa é: unha aclaración por parte da alcaldía? que teña sorte, pois xa o di hoxe o alcalde: 'É imposible xestionar máis e mellor que este goberno municipal'. Díxoo el e chega. A imposibilidade de superar a deus ex-alcalde. 'É palpable a recuperación do orgullo de ser de Ribadeo e de vivir en Ribadeo'. Estou tan orgulloso de vivir en ribadeo como de ser cidadán do mundo: entre todos imos tirando adiante, pero estou tan orgulloso (+/-) da labor de Balbino como da de Bush, e potenciaron tanto o meu orgullo unha como a outra.
Por algo será que Fernando Suárez fala de que o PXOM parouno o sentidiño común.
A foto ... unha mostra de que aínda se pode ver Castropol. E, hai un ano, lembraba un artigo de agosto.

Ningún comentario: