20061118
Visións dun mundo mellor co fondo do Ribadeo actual
Collo un retazo pequeno dun correo electrónico que me chegou onte: "Só
son alguén que quere axudar a que o mundo (Galicia) sexa
un pouco mellor se iso é posible :-)". Corresponde a alguén con que teño trato dende hai máis de ous anos e que me te amosado que é boa persoa. Sei del polos seus actos, pero non teño idea do seu nome, profesión, idade ,sexo, ... e lembreime de aquelo (coido que aparece como citado na biblia por Xesús, pero ben podería ser orixinado cando a reforma luterana) que di 'polas súas obras os coñeceredes'. Mirando ás fotos, podería pensarse que os ribadenses somos bós (... como se nós foramos os autores da ría de ribadeo) ou bós peixes (as fotos da ría...), pero de tódolos xeitos, pode caber a esperanza que que o mundo pode ir ben.
Un comentario tecnolóxico para un sorriso irónico: no SIMO presentouse o novo windows, que estará por aquí a comezos de ano. Pois se se quer acceder direitamente dende unha máquina que o teña instalado a un sitio web da competencia de Microsoft, como Apple, aparece por defecto unha lenda: 'este sitio ten contido non apto para menores'. Cada volta son máis partidario, con máis razóns, do software libre e colaborativo.
Esquecíaseme. As fotos, todas de hoxe, por orde, a Punta da Cruz, na beira oriental da ría de Ribadeo; luz da mañá sobre os tellados da zona do patín; a ría co porto deportivo de Ribadeo, Castropol e a Liñeira; oleaxe na illa Pancha, beira occidental da ría de Ribadeo no encontro co Cantábrico, e luces e sombras sobre a ría.
Etiquetas:
blog,
cultura,
Fotos Ribadeo,
Medio,
sociedade,
tecnoloxía
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario