20061222

A partir de hoxe os días medran


Xa estamos no inverno, e a partir de hoxe os días medran, co que se pode encarar a vida con algo máis de optimismo, segundo pensaban osa antigos e se ve manifestado nos nosos tempos pola lotería do Nadal, que se xoga hoxe. Sorte a todos e todas, aínda que estatísticamente, como todo o mundo sabe, o mellor é non xogar...
Por certo que entereime onte de que o persoal está a facer selección, segundo me dixeron, para facer fixos a traballadores temporais. Coincidiu que no mesmo momento un temporal estaba explicando as dificultades para ser fixo: a el non lle toca esa regularización. E tamén que outra persoa se me queixou de que eso era unha coladeira para ganar votos hipotecando o concello. Non sei máis, pero o caso é que coido que ambolosdous teñen razóns, senón dereitamente razón.
Esta tarde coincidirán unha mesa redonda sobre Pedro Murias co festival de Nadal da EMMeD (ver)
A foto, castropol encadrado entre tellados dende o máis novo mirador en Ribadeo (xa ten uns anos), o do edificio Praza de España

2 comentarios:

Barricada3 dixo...

Cambios en la legislación laboral.Los contratos temporales deben estar justificados.

Adquirirán la condición de fijos aquellos trabajadores que en un periodo de 30 meses hubieran estado contratados durante un plazo superior a 24 meses para el mismo puesto de trabajo, en la misma empresa, mediante dos o más contratos temporales (sin contar los contratos formativos, de relevo e interinidad).http://www.inem.es/ciudadano/empleo/contratacion/refLaboral2006.html Antes por el Estatuto de los Trabajadores eran 3 años. (Recogido en caso protesta profesores música). Estos trabajadores llevan entre 6 y doce años

Agremon dixo...

Coido que, aínda co comentario anterior, hai disfuncións na selección que se está a facer e, por exemplo, profesores de música que terían que ser fixos. Pero a verdade é que descoñezo moito a lexislación, e agradécese o comentario.