Onte caeu nas miñas mans un vello apunte o que tiña o título do apunte de hoxe.
A cuestión non é banal, e non só en Ribadeo. Somos os electores os 'emanadores' do poder dos que os políticos son só depositarios, como parece ser nesa entelequia que se chama democracia? Ou ben, como teño visto máis dunha vez na prensa, somos 'clientes' dos partidos, nos que, como nunha empresa, nada pintariamos a non ser que de cando en vez nos poñan boa cara e nos fagan un pouco a pelota para que continuemos a ser clientes? Lembro que cando escribín o título (e vai deso máis dun ano) estaba pensando no poder das xestoras públicas e privadas da economía no devir político, algo que non é a primeira volta que dun xeito ou noutro menciono no blog.
Pero voltemos ó tema, os electores, en relación ós partidos, podemos preguntármonos a pregunta titular, pero ó cabo, os partidos teñen unha estrutura que non emana do pobo, senón que representa a grupos de ideas, grupos de poder. Pero tamén podemos facer a pregunta en relación coas institucións que son manexadas polos partidos. Por exemplo, como máis achegada a nós, os concellos. Somos clientes ou propietarios do concello? Somos xente que vai por alí a realizar xestións e que polo tanto se atende como cliente (e nas empresas téntase tratar ben ós clientes, que teñen os seus dereitos como paganos dos beneficios empresariais)? Ou somos os propietarios que realizamos xestións en algo que é noso? É evidente que neste segundo caso, cando un alcalde, como representante do concello, fai unha personificación do mesmo (dicindo por exempoo algo así como 'eu vos fixen esta rúa') o que está a facer é de impostor, variando o que é a realización dunha xestión polo que resulta como a realización dun agasallo.
A próxima volta que vaias polo concello (a deputación, a Xunta, o ministerio... que un candidato te prometa algo, etc, pensa: é o meu empregado (a quen debo colaboración como xestor de algo que tamén é meu e respeto como persoa) ou é alguén a que non ten relación algunha comigo nin co meu, e a quen lle teño que pagar para que me preste os seus servizos?
2 comentarios:
Unha nota a parte: Hoxe deixaron comentarios en entradas anteriores, como por exemplo na que corresponde a un vello equipo (en relación co 'primeiro psoe da pre-democracia) e outra na que comentaba unha pindada co símbolo da A inscripta no círculo. Ás voltas, as entradas pasadas dan sorpresas...
Si un goberno propón Educación para la Ciudadanía, non será para que os cidadanos reivindiquen, o ó menos se decaten dos seus dereitos como homes libres.
A xente limitase a aceptar, so si existise unha represión moi grande, unhas inxusticias que movesen a rebelión podría acontencer un cambio. Pasividade é o que hai. O pobo está reprsentado por unha avestruz
Publicar un comentario