20061205

Ruído de vidros rotos


Onte, pouco despois da inauguración do que considero o enésimo local ilegal na zona, caeu un vidro dunha fiestra polo vento na casa da súa beira. Hai poucos minutos caeu outro: segue a facer vento.
Na Mariña seguen diversos combates que tameń poderían servir de exemplo das dúas pequenas notas sobre economía que puxen onte. Neste caso, un exemplo de deixadez política con manifestación económica, a intervención (mellor, desintervención) sobre o parque de bombeiros que implica un retraso na súa posta en marcha de máis de dous anos por cuestións puramente políticas. É evidente que non é un 'friedmanismo' de base teórica, senón algo que se deixa ó albur para fastidiar ó contrario, é dicir, pensando en sacar algo mellor tallada que o contrario facendo algunha trampa (teoría de xogos). Só estan metidas institucións de diferente signo político, pero a este paso non me estranaría que a iniciativa privada collera o tema por deixadez destas, que se estende ós requerimentos do Valedor sobre elas. O paralelismo co caso ribadense dos ruídos é grande: tamén houbo, despois de tempo de requerimentos, unha nova e flamante normativa que non se cumpriu, un requerimento do valedor desatendido, e de aí en diante, a historia do parque non segue polo momento. No tema de ruídos, xa a teño posto algunha volta: un xuízo perdido pola administración, continuación de apertura de locais, sinaturas e máis sinaturas fronte a un abuso e un intento fallido (en parte e polo momento) de desregularización, e de novo aplicación do que dicía sobre a teoría de xogos, a perda social e ganancia particular de algún.

Ningún comentario: