20061217

Un domingo distendido

Ás portas do novo ano, collamos por Ribadeo este domingo un pouco distendido á vista das montañas nevadas á outra beira da ría (a noite anterior, para non variar, foi outra cousa). Aí vai un pequeno acertixo: o calendrio á beira, repartido por Amadores da Música, que por certo, ten xa aí a convocatoria de asamblea xeral, ten cousas de Chenchu e de Hernán que perduran no tempo. Cales son?
Onte remataron as xornadas sobre drogodependencias, segue aberta a inscrición para actividades para os cativos este Nadal, hai expo na casa das Letras (libros antigos) e na Oficina de Turismo (sobre o Enxeñeiro Schultz), e tamén, aínda que non se comunique tanto, están en periodo de exposición os documentos sobre o célebre ascensor atalaia/porcillán, e deberan de estalo tamén os do paseo ás Aceas (este non foi anunciado, que eu saiba), e os do Parque... Canto traballo costa facer unha política transparente! (debe costalo, polo raro que se fai)

2 comentarios:

ajaspino dixo...

cachis... empezo a ser pesado, moi pesado.

Pero que alguén me corrixa se non estou no certo.

1º Aparece 'medio' logo da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, pero nos carteis agora poñen dende 'Banda Municipal de Ribadeo' até 'Banda Municipal de Música de Ribadeo'

2º Logo non apoian publicamente a que a Escola se chame Escola Municipal Hernán Naval, pero tampouco poñen o nome real da escola que sería ¿Escola Municipal de Música e Danza?.

Que cousas, xa sei que son un pesado. Pero non entendo porque se fan as cousas mal tendo en conta que leva facer o mesmo pero ben.

Agremon dixo...

contestando os dous comentarios a un tempo:
Teño que recoñecer que ajaspino é ráido reñocendo cousas da banda...
e dubido que se poda facer unha alegación á totalidade, o que te lembra as célebres ternas de Franco: para postos de relevancia, Franco podía propoñer tres persoas, e logo 'os elexido polo pobo' votaban a un deses tres (moi democrático, vaia)