20070105

Como aquí, nin en Viena / Aquí como en Viena



51 músicos máis o director, (5 frautas, 1 oboe, 13 clarinetes, 10 saxo, 1 bombardino, 3 trombóns de varas, 6 trompas, 3 trompetas, 2 tubas, 7 percusionistas; deles, 8 profesores da EMMeDHN e 5 apoios) oficiaron un concerto que comezou hai anos, como di o díptico adxunto. Houbo sitios libres no auditorio, o que actuando a banda paréceme incomprensible. No programa non aparece a Marcha Radetzky, que foi o final, nin por suposto o bis, (que non foi bis, senón agasallo) 'O derradeiro vals (the Last Waltz'. Tampouco aparece que houbo solos.
Teño que citar o desasosego polas súbitas columnas de auga en plan maremoto que sentín polo medio das suaves ondas do Danubio, todo o máis cortadas outras veces polas rompentes formadas no avance das gabarras polo río. Algo parello do que me pasou ó sentir, despois de dous valses, Pompa e circunstancia, para voltar á marcha Radetzky e outro vals. Respecto á execución, despois de terlle botado unha ollada a 'Contra a interpretación' ('Against interpretation', Susan Sontag), non me atrevo a facer máis que un comentario laudatorio xeral. Os nosos músicos seguen a facer a nosa cultura.

2 comentarios:

ajaspino dixo...

Que gracioso que a Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo amparada pola Asociación Amadores da Música estea a patrocinar a súa vez á Banda Municipal de Música de Ribadeo... ou é a Banda de Música Municipal de Ribadeo??

Ai ai ai, a ver se nos estamos liando como o Frente Popular de Xudea... ou era o Frente Xudeo Popular?

Agremon dixo...

Supoño que alguén o aclarará...