20070216
Pechando a Ribadeo: estamos no antroido!
Tempo atrás, estábase cerrando o porto,poñendo as separacións. Agora está listo o seguinte paso, pois as portas están listas e os cerres convertiranse en peches, con chave, xa pronto. Ademais, coas verxas, separábase, segregábase algo de Ribadeo. Co peche, quen poda estar no porto poderá entrar en Ribadeo, pero non ó revés, é dicir, non é pechar o porto, senón máis ben, pechar Ribadeo... estamos no antroido, e parece que imos do día dos inocentes ó antroido: cando oias a Balbino dicir unha cousa, prepárate para que na realidade poda ser outra ben diferente; probabilidades hai abondas.
Conecto isto co que no periódico hoxe, baixo o título "Un sano ejercicio" se chame a un exercicio electoral adecuado, e tente poñer unha comparación co riso e as promesas electorais. Ou con que nun municipio como Tapia, que non coido que sirva en xeral moito de modelo, se vaia converter unha cetárea en piscina mentres aquí se pretende converter a agora xa piscina/lago de Meirengos en piscifactoría, é dicir, macrocetárea, co parecido entre ambas como o que pode haber entre unha tenda tradicional e un hipermercado.
O antroido sigue con Reinante e cia, por moito que nos carteis aquí se lle chame carnaval: existe a personaxe do antroido, vaia que si. O dito, para ver o programa do antroido, clicar sobre a imaxe do programa...
Etiquetas:
entroido,
piscifactoría,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
... Chegoume información de que a promesa da piscina na cetárea de tapia é algo que pode levar tranquilamente perto de 20 anos dende a primeira voltga que se prometeu. é dicir, confirmado o de que non é unha vila para tomar exemplo... todosnecesitamos algo no que creer (din)
Publicar un comentario