20070312

Expectación en Ribadeo (pero menos)







   Despois dun espectáculo, vacuo, ó que lle ven moi ben o nome en relación á actualidade ribadense, parece que hoxe o pleno presenta morbo pero non substancia: que fará Santiago? pouco importa se non hai contido. Pero eso non impide que a xente se pregunte que apsará, mentras outros miramos para outro lado:
   Vacuo, o espectáculo, foi tamén anunciado con altofalantes, seguimos sen ver abondos sumidoiros na obra de Amando Pérez (léase mercado), ampliaron a obra de san Miguel dende a fonte ata a baixada que ven de Calvo Sotelo, a Ponte dos Santos segue con tres carrís, pero o do medio sen usarse, fai bo tempo, ...
   As fotos, unha primeira do mercado dos domingos aínda montándose (eran xa as once), o ceo nouturno (tomada o domingo á 1 da noite cara o cénit e o sur do mesmo) para contemplar algunha estrela, Piñeiro, un lugar de Cedofeita xa limítrofe con Trabada, a vía do ferrocarril en Porto, Ribadeo comercial e de paso coas marismas en primeiro termo... diferentes aspectos a contemplar, normales pero con detalles, porque Ribadeos hai moitos e non só están no concello.

Ningún comentario: