20070310
Mani en Ribadeo
Lembro os tempos das manifestacións no entorno do cambio de réxime. Agora a gama é moito maior. E a posibilidade de uso político, tamén. A concentración de onte (entre 150-200 persoas en Ribadeo) posiblemente tería moita máis xente de non ter a crispación previa e a dirección de 'pedra lanzada políticamente'.Case de xeito natural, foi anunciada por Donapubli, a mesma que anuncia para o concello, a golpe de altoparlante, contrariando unha vez máis as normas do concello sobre ruído.
Mentras, dous plenos extraordinarios, forzados polo PP para o día 21. Pola mañán: non podo ir. Polo demáis, é curioso que esta vez me fora doado enterarme dos plenos pola prensa. E é que teño a experiencia de que os plenos parece que son algo crípticos e segredos en xeral. Os temas dos do día 21, melloras viarias, é dicir, nada en apariencia problemático ou controvertido, aínda que nunca se sabe. Mentras, xa veremos que pasa o luns 19 no pleno normal.
A foto, unha flor ribadense nun espazo insólito, que leva anos limitado por edificios en estado 'natural'.
Por certo, dixo aquí unha ligazón para dar un pouco de luz sobre o concurso da banda en Tarragona do outro día, blog de Fuji. (Non perder os comentarios)
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
política
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario