20070303
Noite de eclipse en Ribadeo
As nubes cubrirán o eclipse desta noite en Ribadeo, o eclipse de Lúa mellor posicionado en abondos anos (ata o 2029). As dúbidas de todo tipo xa cobren o aínda culebrón Balbino/Santi (ou Santi/Balbino, que tanto monta, monta tanto). E mentras, de paso, tenta de cubrirse que se peche o porto, que o camiño cemiterio-vila vella se convirta en calexón infame, as alturas de máis en Calvo Sotelo, a porta no muro vello da rúa da muralla, o alto do edificio sen tirar, o edificio botado para adiante á beira da estrada de Vilaselán, o tardar máis dun ano en solucionar o da estrada do faro, o fume do ascensor a Porcillán, o cambio de chaqueta despois de encabezar unha manifestación, o ter preguntas dos veciños sen contestar dende hai varios plenos, o contestar sen dicir nada nas anteriores, o negar información, o discriminar ós administrados, o non cumprir as promesas eleitorais, o dicir que si e non molestarse aínda en tomar nota do que se di (para negalo de xeito convinte despois), o paso reiterado polos xulgados, a actitude chulesca (especifico: casos persoais, aínda que coido que tamén xerais), o non considerar ós veciños vía ignoracia dos seus representantes, o incumprimento de sentencias, o crear división social, ... xa me cansei de poñer, pero non é porque non haxa máis.
Para deixar un sabor máis agradable, hoxe estarán por Cataluña os representantes da Banda Municipal de Ribadeo (a ligazón é a un sitio moi vello, por exemplo, non funciona xa ese correo). Van con eles uns 20 músicos portugueses, o que eu critico pero teño entendido que as outras bandas que compiten tamén levarán o que se chama 'reforzos' por ser común, e por moito que a min non me guste ( e penso que polo menos a parte dos que leerań esto, tampouco): se veñen con premio, non será da banda, e se non, pensarase que non son capaces de conseguilo nin con reforzos. E, sen reforzos, apreciamos a nosa xente. Con eles, pasan a ser individuos nun conxunto mixto.
A foto, as obras nas que leva mergullada un par de meses a saída para a estrada do monte (o outro día puxen unha posta de sol dende un lugar parello, pero mirando en sentido contrario)
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
Música,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario