20070307

O vendaval, de novo en Ribadeo



Pode apreciarse nas fotos unha das consecuencias do tempo ventoso en Ribadeo:a valla tirada na rúa peonil, pola desembocadura de Calvo Sotelo. Hoxe chove a mares e a valla, tirada na noite de luns a martes, segue o mércores sen amañar, dando un aspecto non moi edificante.
De vendaval tameń poden calificarse outras cousas, estas producidas por humanos no entorno ribadense estes días: non só roubos en establecementos e chalés, senón na política, aínda que xa parece máis choteo que outra cousa, como cando a oposición ameaza con quitarlle-lo soldo a alcalde e vice se non traballan (despois de dicir que non o están a facer). De aquí ás eleccións espéranos unha parafernalia na que haberá que saber rir e tamén ler entre liñas, e sobre todo, non deixarse tomar o pelo.
Mentras, onte o 'enfoque' da 2 de TVE tratou do ruído, e coido que o representante das asociacións veciñais déulle un repaso á alcaldesa presente, mentras os apoios na enquisa que fan chegaban ó 95% (a enquisa preguntaba se os concellos pasaban do tema do ruído, e esa foi a porcentaxe dos que chamaron dicindo que si, pasaban). É dicir, non porque o diga a oposición, senón porque o di a cidadanía, alcaldes a traballar (que se entenda ben, para o pobo)!
No programa tamén falaron do mapa do ruído, que parece que os concellos teñen que ter rematado este ano, e que eu saiba o concello non comezou, igual que todo o referente co ruído nel. Non é o primeiro edil que ten problemas coa xustiza polo ruído, e a este paso, non será o último.
Como contribución externa, o blog de Mariano ten neste post un título revulsivo. Non só as fotos, senón o texto, son chamativos e certeiros.

Ningún comentario: