20070301
Ribadeo, adxudicado (por sorte, esta volta para obras)
Quen non ouviu aquelo de 'as cousas de palacio van despacio?' Pois eso: Ano e dous meses despois do desprendemento da estada do faro, foi adxudicada a 'mellora', e dicir, a reparación. está visto que a paciencia todo o acada (cita de Santa Teresa de Xesús... porque parece que fai falta ser santos algunhas veces para esperar). Por certo, agora é cando se manifesta o resultado do que foi un 'conflito de competencias': é adxudicada por portos de Galicia.
Tamen o ascensor. Si, xa se pediu permiso a patrimonio para o ascensor da atalaia, que pode permitir cerrar áis o porto deportivo, o que non parecerá raro despois de cerrarse Mirasol (as obras da rúa exterior aínda estaán sen deseñar mentras as portas xa están preparadas) e despois de detectarse a entrada de droga por portos deportivos. Ó tempo, que tamén dende Ferrol-cidade era difícil ver o mar.
Unha cita de Tom Paine vía el Pais (21-F, p.13, artigo de peter Singer): "Aquel que quera salvagardar a súa liberdade terá que protexer da opresión aínda ós seus inimigos, pois se non cumpre ese deber estará establecendo un precendente que se voltará contra el". Liberdade, trasparencia... unha lembranza para alcaldes e concelleiros pasados, presentes e futuros de Ribadeo. Claro que os que teñen o poder non pensan en perdelo, e con el, os privilexios que da.
A foto, un
detalle nas obras da autovía: o que hai na actualidade da pnte sobre a vella estrada de Vilaselán dende a tamén vella estación de ferrocarril (ferrocarril mineiro).
Por certo esquecíame de que hoxe é o día sen móbil! A protestar contra a suba tocan.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario