20070302

Votámolos, puxémolos aí para que gobernasen doutro xeito, non para perpetuar comportamentos fraguistas


E os que discrepamos entón deses comportamentos non podemos calar agora. Verbas de Suso de Toro no artigo 'Foi para facer outra política' (en castelán) no El País, a semana pasada.
Coido que con esa introducción, xa podemos falar doutra cousa. Pode a mente seguir pensando, no bipartito Xunta á que se refire o escritor no xornal ou no bipartito Ribadeo ó que me refiro eu hoxe no blog.
Esta tarde, 'La tía felipa y la vida', teatro medioambiental no auditorio Hernán Naval. Despois, curtas con café. Antes, nova do acto de conciliación Reinante / Vacas proposto para o día 9. No mesmo comentario, falta de permiso para acceder por parte de Reinante, ó rexistro de bens e actividades de alcalde e vice, para o que ambos, ó parecer, estarían dispostos (é algo confuso, pero fáltanme signos: ..., ¿?, ou cal?). Mentras, aínda estará outra semana máis a exposición do Inega no IES Porta da Auga. Actividade cultural para substituír actividade social, pero deberan ir xuntas para que ambas fructificasen.
Preto, en Sargadelos, charla de Manuel Roca Cendán sobre a historia do autogoberno en Galicia, algo que sona raro na Mariña e coido que no resto de Galicia, pero do que hai algo, dende o estatuto do 36 en diante.
A foto, do esceario doutra actividade social: o fútbol. O campo do Ribadeo F.C.

Ningún comentario: