20070401

Dende Ribadeo, percorrido virtual pola Semana Santa e o seu significado

Dende Ribadeo, percorrido virtual pola Semana Santa e o seu significado
   O título corresponde máis ou menos ó contido do pregón que o sr. Bispo de Mondoñedo fixo onte na igrexa parroquial correspondendo co chamamento á Semana Santa. Nun ambiente no que a igrexa (enténdase, o local da igrexa) se foi enchendo a medida que se achegaba o momento de actuar a coral polifónica dende a metade das bancadas ata a súa totalidade, e no que alguén esqueceu apagar o móbil, o pregoeiro emparellou pregón e a difusión da boa nova cristiana.
   Pero antes, comezou cun saúdo ás autoridades presentes, antes de facelo co párroco e co resto dos tamén presentes. Pasou despois a ponderar que cada ano chegan nestas datas máis visitantes e de maior calidade.
   A dicir que, a partires de aí, quedeime pensando boa parte do tempo que significaría eso de maior calidade e se tería referencia co sentido turístico ou co relixioso que se estaba a tentar de ponderar.
   Deixou claro que non se debe identificar Semana Santa con procesións, senón con celebracións litúrxicas relacionadas coa Pascua, mentras tentaba emparellar as rúas con santuarios por extención da celebración, que ven sendo o que significan as procesións.
   A pasión prolóngase ata o fin do mundo (cita que foi atribuída a León X, pero non o podería asegurar) e aí está o sufrimento ben visible en diversos puntos quentes da Terra por se fixera falla corroboralo. E para lembrar a orixe desa prolongación infinida, unha imaxe: as procesións como catequesis plásticas realizadas con valores cristiáns.
   Ou sexa, se non interpreto mal, algo así como coreografía turística lembrando de xeito subliminal os valores cristianos.

Ningún comentario: