20070404

Hoxe tocou concerto en Ribadeo




Un auditorio inmerecidamente con sitios libres recibiu hoxe os primeiros compases de Ponteareas, que neste comezo da Semana santa soaba como a Paz da nosa terra. O detalle do uso, infrecuente na BMR, do frautín, quedou relegado ante o electrizante 'Esceas de Manhattan', por exemplo, nunha actuación que para min estivo entre as mellores desta época da banda, facendo esquecer o posto obtido na 'Śenia' (o festival catalán ó que asistiu o mes pasado) en razón da sinxela constatación do momento actual da formación. Ata fixo esquecer os apoios que segue a ter (non tantos como noutras veces)
Lamento non ter fotos (saíron todas movidas), pero conservo tres pequenas gravacións de non moi boa calidade acústica e mala visual, que serven de lembranza (56, 113 e 26Mb...)

Ningún comentario: