20070404
Unha nova Semana Santa en Ribadeo
Pódese apreciar polas imaxes dous contrapuntos da Semana Santa. Nun caso, a relixión, que a traverso do seu programa pretende unha celebración dese tipo, de tradición relixiosa. Por outro, os pícaros xogando nunha manifestación de asueto que moitas persoas coñecen por "Semana Santa". Dúas concepcións diferentes para un mesmo tempo (se non as leíches, mira 'Procesións e fauna' e 'Detalles no via crucis de Ribadeo, artigos ós que penso engadir outros xa publicados sobre tema relacionado coa relixión)
E en espera de que rematen os programas para que vaian aparecendo polo blog, para esquecer novos asuntos xudiciais relacionados con políticos ribadenses, dous temas suaves:
En lembranza das Grobas, que agora levan un mes sen novas, unha ligazón ó blog de Mariano, sobre o círculo lítico de A Mourela, algo noutro lugar de Galiza...
E outro, suave por ser a auga pasada polo momento, mentras non haxa unha iniciativa legal: estivo de'moda informativa' o debate sobre o canon das bibliotecas, pero xa non está. Por eso, e porque coido que nos afecta a todos, volvo sobre o tema. Mellor información,, de seguro, a da no seu 'pola lectura, José Luis Sampedro', pero baste saber que a partires de agora, cada libro mercado pola biblioteca terá que pagar un sobreprezo. Non parece xusto, verdade? Pero non só é legal, senón que se non o aplica, o goberno tera que pagar unha multa diaria de 300.000€... por non ter loitado a tempo os cidadáns en Bruxelas, tendo como opositor un forte 'lobby' de intereses. É dicir, outro caso máis no que os cidadáns deixamos os nosos dereitos en mans de xente e/ou institucións que teñen intereses diferentes dos nosos. E unha mostra do que os franceses (e aquí, sente coma min) non consideraban Europa cando votaron 'non' no refrendo sobre o Tratado Constitucional (que non constitución)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario