20070501

Hoxe, batalla en Malasaña; mañá, en Ribadeo?

Parece que por aquí a nova é a invasión de madrileños nunha ponte que chega ata mércores inclusive. A pesar deso, os xornais traen que houbo unha batalla campal en Malasaña, sinal de que Madrid non quedou deserto. Para min, o significado é que podemos estar prevenidos para as réplicas aquí no verán. E é que se os establecementos nouturnos cerran tarde, e non hai prevención para berros e demáis, a cousa rematará por saírse do testo, tarde ou cedo, e máis ben cedo que tarde, aproveitando os destrozos que xa se producen de xeito corriente. Por certo, o de Malasaña foi a eso das 3-4 da madrugada. A esa hora, por aquí, están comezando a vir da outra zona de marcha de Ribadeo.
Mentras, parece que polo día o único que se oe é o berro dos políticos para tentar coller votos, non para solucionar problemas.
Complemento cun artigo vello, 'unha de títulos', que coido que en xeral non perdeu a súa vixencia a pesares de que os temas que aborda si teñen anos. Claro, a foto ... non é miña.

Ningún comentario: