20070521

Comeza a semana de reflexión

A menos dunha semana das eleccións, xa está a comezar a reflexión. Non é só o último día antes das votacións, senón que una volta expostos os programas, é hora de cavilar. Chama a atención que xunto cos programas se distribúa tamén o que se chama 'contraprograma', é dicir, a crítica dos demáis ou propia, tentando que a xente se lembre (só) de todo o bó que se cree que pasou no mandato e aínda de máis (caso de estar no poder) ou de todo o que non se fixo ou malo (estando na oposición). E é que a memoria é fráxil, e deseguida nos pode pasar como a Jorge Manrique nas rimas á morte do seu pai: 'calquera tempo pasado foi mellor' ou ó revés, pensar algo como nas sociedades desarrollistas: 'todo "progreso" é bó'.
Nembargantes, coido que o enfoque, alomenos en parte, debe ser outro: que fixen eu para que esto vaia mellor? É dicir, voto e esquézome ou sei que o poder é de cada cidadán e tento que quenes o administran teñan unha referencia do que queren os cidadáns, un apoio, unha colaboración, un xuízo día a día que non os deixe desvaídos na decisións nin tentados a facer o que lles saia dos collós?
Si, certo que é a hora de demostrar se se está ou non de acordo. Pero ó longo de catro anos malo será que non teña habido algo co que se esteña de acordo e bó, pero utópico, sería que non houbera nada no que estiveramos en desacordo. e vótase en conxunto...
A democracia, téñoo lembrado máis veces, non é boa por si soa; ó fin, dicía coido que Churchill (Winston, o inglés que combatiu a Hitler) que só é o menos malo dos sistemas. E eu aínda poñería eso en dúbida (hai posibilidades fóra dos 'sistemas', aínda que non se coñezan moi ben en xeral), tendo conta ademáis que non é un algo estable, senón que varía con novas leis e interpretacións día a día, e que como algo cambiante, se non se constrúe, destrúese. E coa especialización reinante e o poder do diñeiro, como deixemos que sexan os políticos os que a constrúan, teñamos claro todos que o que teremos non será democracia, senón outra cousa peor (só con pensar nas verbas de Churchill) por moito que leve o seu nome (e os nomes levan asociados significados que varían segundo a época, e os políticos son expertos en asociar significados ós nomes)
Comezou a xornada de reflexión en Ribadeo e en toda España. Unha máis neste mandato dos gobernos municipais. Non a única como hai quen quere que pensemos da xornada previa ás votacióóns para armar confusión mental e facer que as árbores non deixen ver o bosque, ó estilo do pensamento de Rudyard Kipling, que fixo a sabia reflexión de que se estamos nun bosque e nos esquecemos do que é, as árbores achegadas impedirán que teñamos unha visión do conxunto e polo tanto a comprensión e o xuízo necesarios para manexar a situación do que somos e de onde estamos: cidadáns na posición de exercer os nosos dereitos. Dereitos que, por outra parte, tanto costou adquirir a xente antes que nós.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Toda votación es un tipo de juego como las damas o el backgammon, con un ligero tinte moral, un jueguito entre lo correcto y lo incorrecto con preguntas morales, acompañado, naturalmente, de apuestas. El carácter de los votantes no entra en juego. Deposito mi voto, por si acaso, pues lo creo correcto, pero no estoy comprometido en forma vital con que esa corrección prevalezca. Se lo dejo a la mayoría. (De H.D. Thoreau) Discriminados.

agremon dixo...

...eso é o que querería algún, e moitos creen (mellor, acatan). Saquémoslle partido xogando dun xeito activo.

Anónimo dixo...

Mentras a xente non espabile para que non lle quiten mais dereitos efectivos, de nome temos moitos pero na realidade nin saúde, nin vivenda, nin traballo..., unha votación so e un xogo para beneficio duns poucos, ou sexa todo-lo contrario do que termo democracia implica.

Ipero92 dixo...

A verdade é que concido con o que fixo o primeiro comentario. Certo é que cos partidos actuais, case todos - por non dicir todos - están financiados polos "lobbies", a banca e demáis grupos de presión, a representación cidadá é ínfima, nula.

O participacionismo semella unha boa alternativa, no meu blog teño un artigo sobre iso, que non é meu pero considerei apropiado poñelo.