20070508

Cousas pequenas


Onte houbo movemento abondo no blog para que hoxe queden só cousas pequenas. O ánimo de Fernando Suárez a pedir axudas do Eo-Natura para diversas actuacións non pode competir en nova co dicir público de Cao acusando a Vacas. Algo polo estilo se pode dicir do caso de prostitución de rumanas nun club ribadense que está a ser xulgado en Lugo, ou mesmo de que Balbino se negue a acatar a exposición do PXOM, asunto que tamén debera traer cola se o PP é consecuente coa súa postura no último pleno. Por suposto, tampouco a nova de que Ribadeo queda incomunidado un tempo coa N634 excepto no Voar.
Por certo, onte tocaba pleno en Ribadeo, e non o houbo... e parece (vin só a versión electrónica dun xornal) que as fotos que subministrou Cao e que puxen no blog non as prodiga a prensa.
Na imaxe, esta vez si, vense os ferros da ponte que indicaba nunha entrada anterior.

Ningún comentario: