20070504
De Ribadeo á Coruña, eleccións
Mañá sábado, un grupo de xente do IES Porta da Auga viaxará á Coruña con montaxes da Feira da Ciencia ribadense. O parque de Santa Margarita recibirá ese día diversas representacións de desenvolvementos de ciencia feitos por centros de Galicia, e o IES estará entre eles.
E é que en Ribadeo estamos adiantados. Por exemplo, nas eleccións: eu creía que a campaña comezaba de xeito oificial aínda mañá, pero resulta que, como se pode ver pola foto, comezou onte. (non vin aínda pasquines dos outros grupos)
Mentras, Paco Rivas presenta non un senón dous libros en Foz. ...pero non é o político de Ribadeo, senón outro Paco Rivas.
E séguese a 'facer política' de diversos xeitos. Por exemplo, anunciando un novo fin de semana de noites alternativas para xente nova... onde a xente nova, á hora da verdade, está en minoría e en ocasións, sinxelamente desaparecida.
E, ó mesmo tempo, parece que ós políticos, en particular ós que están no poder, 'crécenlle os ananos'. Gervasio Cao convoca unha charla no Parador para falar do urbanismo destes últimos catro anos, mentras segue sen executarse o botar abaixo as alturas dun edificio que construeu. Ou moito me equivoco ou eso, xunto con que di que fará revelacións que afectan a todos os ribadenses, fará do acto algo movido e con tentativa de proxección electoral.
Os políticos tamén teñen axudas de fora: parece qeu comezou xa a ampliación do saneamento de Ribadeo. Pero en cambio, mentras, segue sen adxudicar a nova depuradora, e non se fala aínda nada do estado do depósio de lixiviados, que colleu ó representante do medio ambiente de Ribadeo co paso cambiado, ó que parece.
Ese mesmo representante, agora en forma de alcalde, di de si mesmo que nin minte nin engana ós veciños, pero a parte do bochornoso e parece que por el xa esquecido caso do recheo, con cambio de chaqueta en menos de 48 horas, catro anos de plenos parecen indicar o contrario. O tema de discusión, esta vez co xefe da oposición, JC Andina? De novo a 'regularización' de alturas ilegais, nas que ambos teñen algo de intervención.
... Si, estamos en eleccións. E estamos en Ribadeo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Vin que as banderolas só están por unha beira das farolas. ¿Quen vai ir na outra?. Por certo, a campaña comeza o 11, non sábado. E en Lugo, a xunta eleitoral mandou retiralas.
Publicar un comentario