20070503

Movemento sísmico en Ribadeo


A nova foi de onte: 'leve movemento sísmico en Rinlo'. Leve si que foi, pois 1,8 na escala de richter é superado moitas veces ó ano na península, como pode comprobarse por internet. Pero queda a dúbida de se foi en Rinlo, senón en 43º57'N, 7º11'W, é dicir, a uns 40km ó norte de Rinlo (polo mapa dos sismos dos últimos 10 días, parece que non esteña mal, pero obsérvase que de espectacular non ten nada). Unha nota: o vermello que aparece era pulsante, indicando non un grande tremor senón o último.
O terremoto foi pequeno, como outros que se observaron por aquí que non foron sismos telúricos. F. Suárez foi readmitido como traballador na Veiga, como non podía ser de outro xeito, e JCarlos sigue pedindo a Balbino que aclare a súa participación no actual despropósito do edificio da Lodeira. É dicir, un pequeno sismo o do pleno do outro día.
Mentras, curiosamente, á beira da nova anterior, outra: os animais causan unha media de tres accidentes ó día nos viais da provincia en épocas como esta. Non queda claro na nova cal é a causa máis extendida, pero contando con que son vacacións con desprazamentos numerosos, poidera ser o abandono dos animais polos donos... sabido é que os animais son abondo fieis, con ou sen movementos sísmicos.

Ningún comentario: