Seguimos en Ribadeo, despois do naufraxio e das eleccións, coa volta á normalidade. Seguen as análises, a última polo momento, un artigo de José Mª comentando o cambio político en Ribadeo. Ó mesmo tempo, Ribadeo ten algo de diferente: o mesmo día podemos ver unha foto do alcalde actual collendo un micro (coido que da Cope, xa non me lembro) cando lle tomaban a foto a alguén relacionado co naufraxio, e ó mesmo tempo enterarnos de que vai de viaxe (din que a Vietnam, pero supoño que será o de menos) mentras Fernando Suárez se reincorpora en Vegadeo ó seu traballo á espera de ver se o 16 definitivamente é alcalde (mentras, o concello polas mañás está 'desarbolado' de cargos electos), ou, sobre as eleccións, escoitar comentarios asemade na radio de que se está a ter contactos para un acordo alternativo que liberara a Fernando da alcaldía por mor de que ós empresarios da construcción temen o PXOM que poida saír (coido que debe ser un bulo, pero...).
E non é todo. Parece que xa está na rúa 'O bosque de Nadgor', a novela de Farruco Graña que se presentará oficialmente o 25 de xullo en Santiago e que xa se pode ollar na Casa das letras.
Esta é a normalidade de Ribadeo.
1 comentario:
Sobre "O bosque de Nadgor" apontar que ainda non está na rúa, cecais a montaxe que puxen no meu blog levoutea esa confusión, pero non é máis ca iso: unha montaxe.
O libro xa está rematado do todo, e supoño que está na imprenta a pontiño de filmarse.
Publicar un comentario